O noso cole ven de ser seleccionado para participar no programa Protexe aos Animais que forma parte do Plan Proxecta+.
O Plan proxecta + é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
Protexe os animais é un programa que consiste en desenvolver un proxecto que desenvolva a concienciación na sociedade actual do respecto e na protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato.que relacionado coa tenencia responsable dos animais domésticos e o seu benestar.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres
- ODS 5. Educación de calidade
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentables