O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2021-2022 será do 1 ao 22 de marzo de 2021. Nos enlaces que veñen a continuación podedes atopar a información relativa ao proceso, así como os impresos de solicitude. Na secretaría do centro tamén se vos facilitarán os impresos e se vos dará a infomación que requirades. Así mesmo pódense obter os impresos e presentar a solicitude telemáticamente a través da aplicación Admisión alumnado na páxina da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal (para iso é necesario dispoñer dun certificado dixital ou da Chave 365).
A solicitude para 4º curso de Educación Infantil presentarase acompañada de documento que acredirte a idade do alumno/a solicitante (D.N.I. ou Libro de Familia). No resto dos cursos de Educación Infantil e Educación Primaria será necesario ademais un certificado de matrícula do centro no que cursan estudos no presente curso.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/
es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución
xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
Se fose necesaria a presentación doutra documentación (caso de haber máis solicitantes que prazas ofertadas) seríalles requerida ás familias no momento oportuno.
Tamén, para o caso dos alumnos/as que resulten admitidos, o centro porase en contacto coas familias para informarlles doutra documentación que deben presentar no momento de formalizar a matrícula.
Para calquera dúbida, poñédevos en contacto coa secretaría do colexio.
Se queredes ver un vídeo para coñecernos mellor, pinchade na imaxe.
Documentos interesantes:
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión.
Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
Impreso de solicitude de admisión.
Prazas vacantes dispoñibles.
Prazos do proceso de admisión no curso 2021-2022.