Desde mañá luns día 11 e ata o venres 15 de maio, ambos incluídos, estaremos no centro de 9 a 14 h. para reanudar o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2020/21. Aínda que o prazo oficial é ata o 18 de maio, para o noso centro ese luns está considerado día non lectivo.
Isto afecta a aquelas familias interesadas que non puideron presentala durante o período ordinario (do 1 ao 20 de marzo pasado), ao verse suspendido o prazo pola declaración do estado de alarma o 14 de marzo.
Cómpre lembrar que este período de admisión vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aquel alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.