Skip to Content

ACTIVIDADE CARDIOSAUDABLE, SUMÁMONOS AO DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN.

0 Array
Array
Estimadas familias: 
 
como sabedes, neste curso 2017-18 continuamos coa nosa teima de promover unha vida saudable.
 
Ademais do PLAN PROXECTA,
(ata agora froita, neste curso leite tamén), 
que xa leva en funcionamento uns cursos, este ano introducimos 
unha ACTIVIDADE CARDIOSAUDABLE
 
Diariamente, no noso colexio realizamos unha actividade de 10 minutos con este fin.
 
Por todo isto, sumámonos á celebración do
 
Día Mundial do Corazón o venres 29 de setembro.
 
 
 
 
Para ver máis recursos didácticos, visitade o noso BLOG!!

COMEZA O CURSO!!

0 Array
Array

O vindeiro luns comeza o curso 2017-18!!

Lembrarvos que o horario deste primeiro día será de 11,00 a 12,30 h.

Aproveitaremos, ademais de presentarnos de novo, profesorado, alumnado e familias, para actualizar datos como cambios de teléfonos, direccións, situacións de interese, entregar a guía de inicio de curso, solicitudes de saídas, normas, etc...

Saúdos de todo o claustro!!

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS FONDOLIBROS

0 Array
Array

Listaxes definitivas de amitidos e excluidos de FondoLibros de 3º a 6º EP.

Os libros serán entregados directamente aos nenos o primeiro día de clase.
 

URXENTE: ALGUNHAS REFLEXIÓNS DO PROFESORADO SOBRE A INTEGRACIÓN DO MONTE CAXADO

0 Array
Array

 

Achegamos estas reflexións, despois dunha reunión dos profesores/as dos Centros de As Pontes e á vista das instrucións que se están a dar pola Inspección para o traslado de profesorado e alumnado entre os centros CPI Monte Caxado, CEIP A Magdalena e IES Moncho Valcarce.

 

FIN DE CURSO E IMPACTO ACADÉMICO NAS PONTES

24 Xun 2017 23:51
Europe/Madrid

Reunidos os equipos directivos dos IES Moncho Valcarce e Castro da Uz, dos CEIP´S Magdalena, Santa María, A Fraga, e Mosteiro de Caaveiro (Capela) manifestamos o noso total desacordo co peche do CPI MONTE CAXADO, ca redistribución do alumnado de secundaria e coa incertidume creada nos centros da Vila de As Pontes cara ao futuro. Igualmente estamos en desacordo coa supresión dun mestre no Mosteiro de Caaveiro.

 

Novos números de telefonía

22 Feb 2016 23:27
Europe/Madrid

 

Vimos de renovar a nosa infraestructura telefónica e temos nova numeración:

Teléfono: 881 938 156

Fax:         881 938 157

 

Igualmente poden poñerse en contacto con nós a traves do correo electrónico mediante as direccións:

info@ceipafraga.org

ceip.afraga@edu.xunta.es

 

Distribuir contido


by Dr. Radut