Skip to Content

VISITA AUTORA ANA MELIÁN POLO DÍA DO LIBRO

Esta semana tivemos unha convidada moi especial, a autora de libros tan coñecidos como "O aire do lobo Rigoberto", "A chave dos soños" ou " Oito patas". Gozamos moito todo o alumnado do centro escoitando a súa narrativa e ata fixemos unha cápsula do tempo!

 

VISITA AUTORA ANA MELIÁN POLO DÍA DO LIBRO

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023-2024

28 Feb 2023 19:10
Europe/Madrid

                                                

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso será do 1 ao 20 de marzo ( ambos incluídos). A continuación, facilitanse uns enlaces nos que podedes atopar a información relativa ao proceso. Na secretaría do centro tamén se vos facilitarán os impresos se así o desexades. Así mesmo, tamén se pode presentar a solicitude telemáticamente ou descargar os impresos para entregar de forma presencial a través da aplicación admisionalumnado, na páxina da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal, (para iso é necesario dispoñer dun certificado dixital ou da Chave 365).

A solicitude para o 4º curso de Educación Infnatil presentarase acompañada de libro de familia ou DNI do alumno/a, certificado de empadroamento, DNI dos proxenitores e para o resto dos cursos de Educación Infantil e Primaria tamén será necesario un certificado de matrícula do centro no que cursan estudos no presente curso, de ser o caso.

En todos os casos son necesarias as signaturas de ambos proxenitores. Agás en casos excepcionais que se debrán entregar os documentos oportunos. No caso de separación ou divorcio será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.

Se fose necesaria outra documentación será requerida ás familias no momento oportuno.

Para aquel alumnado que resulte admitido, o centro porase en contacto coas familias para informar sobre o proceso de formalización de matrícula.

Os prazos son os seguintes:

- Presentación de solicitudes do 1 ao 20 de marzo ( ambos incluídos).

- Publicación de listaxes de admitidos:

   Provisional: antes do 25 de abril.

   Definitiva: antes do 15 de maio.

-Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Decreto 13/2022 de 13 de febreiro

Orde do 12 de marzo de 2013 e corrección de erros

Aplicación admisionalumnado

A continuación pinchando na imaxe podedes ver máis información sobre o noso cole...onde as aventuras comezan!

                                                                  

 

 

 

FESTIVAL ENTROIDO, VENRES 17 DE FEBREIRO

16 Feb 2023 13:56
Europe/Madrid

ENTROIDO

A vindeira semana comezaremos o entroido cos mandadiños que nos enviou Roel. Acordádevos que son acumulativos.

                                   VIVA O ENTROIDO!Risa

ENTROIDO

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o día da non violencia e da paz. Ademáis da visualización do vídeo "Vivan la manos de colores" feito polo alumnado do centro, tamén gozamos dunha merenda a cargo do ANPA, moitas grazas! 

A visualización do vídeo estará próximamente na aula virtual dentro do apartado familias.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN

Hoxe, 24 de xaneiro, celebramos o día mundial da educación coa elaboración dun fermoso marcapáxinas e tendo moi presente a frase de Malala que di " un mestre, un neno e unha pluma poden cambiar o mundo" Sorriso

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN

ENQUISA FAMILIAS

19 Ene 2023 11:33
Europe/Madrid

 Ata o vindeiro 10 de febreiro estará aberto o prazo para realizar a enquisas de familias na aula virtual seguindo as instruccións dadas nas reunións grupais dente as titorías. Para nós é moi importante a vosa opinión, animádevos a participar!

                                                                                                   Grazas Sorriso

INFORMACIÓN RESERVA DE PRAZAS 1º ESO

19 Ene 2023 11:11
Europe/Madrid

Dendo o día 16 de xaneiro ata o vindeiro 6 de febreiro está aberto o prazo para a reserva de matrícula para cursar 1º da ESO no IES Castro da Uz, centro ao que estamos adscritos, para o vindeiro curso 2023-2024. Pola contra, os que queirades soliticar praza noutro centro disitinto deberedes realizar a solicitude de admisión no centro que elixades.

Para facer dita reserva podedes cubrir o impreso de reserva de matrícula  de forma manual que se da dende a titoría e entregándose neste centro ou tamén se pode facer a través da páxina web edu.xunta.gal-admisión alumnado-solicitudes-reserva-crear ( para a presentación electrónica será necesario dispoñer da Chave 365 ou certificado electrónico).

Calquera dúbida preguntade na secretaría do centro.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

SAMAÍN 22-23

1 Nov 2022 21:03
Europe/Madrid

O pasado 28 de outubro celebramos o Samaín con unha morea de actividades como a queima dos medos coas meigas que nos visitaron este ano, merenda de castañas, decoración por parte das familias de cabazas, vasoiras e sombreiros e como remate final dunha xornada perfecta participamos nunha xincana con once xogos. Si pinchas na imaxe podes ver unha mostra do moito que gozamos.

Distribuir contido


by Dr. Radut