Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay
No DOG do 20/05/2021 publicouse a orde do 6 de maio de 2021 pola que pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso 2021-2022.
O fondo solidario de libros de texto (sistema de préstamo) afecta ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, xa que 5º e 6º utilizan os ordenadores de E-Dixgal.
As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
As axudas para adquirir material escolar pode solicitalas todo o alumnado de Educación Primaria.
Para ter dereito a recibir as axudas de libros é necesario ter unha renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €. Para as axudas de material, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 6.000 €. Para determinar a renda per cápita sumaranase as casiñas 435 e 460 da declaración do IRPF do ano 2019 e dividirase entre o número de membros da unidade familiar.
Ao igual que o ano pasado, basta con cubrir un só impreso para todas as solicitudes e todos os irmáns admitidos no centro (agás os que a tramiten por via electrónica que deberán presentar unha solicitude por cada alumno/a).
O prazo de entrega de solicitudes vai do 21 de maio ao 22 de xuño inclusive.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexos I e II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén se poderán presentar de modo presencial no centro. Deberán vir acompañadas de fotocopias do libro de familia e de sentencia de divorcio (se é o caso).
Podedes descargar o impreso de solicitude tamén no arquivo adxunto.
Máis información pinchando neste enlace.