Skip to Content

Blogues

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA MEDOÑAS

PODEDES VER A INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA MEDOÑAS PREMENDO NO FICHEIRO ADXUNTO.

NOVIDADE: TEDES UN ARQUIVO

ADXUNTO CUNHA SONDAXE

DOUTRAS ACTIVIDADES.

 

Guía curso 2024-25

Xa tedes dispoñible a guía do curso 2024-25. Podedes ver o arquivo adxunto ou escanear o código QR.

    

ALMORZOS CURSO ESCOLAR 2024/2025

Pincha no documento adxunto para a súa descarga. Podes facer a súa entrega no seguinte correo electrónico: anpamedonas@gmail.com

Se necesitades o impreso en papel podedes poñervos en contacto con nós.

SOCIOS/AS CURSO ESCOLAR 2023/2024

Xa está lista para descargar a solicitude de socio/a da  ANPA MEDOÑAS no documento adxunto.

Podedes cubrila e logo enviala ao seguinte correo:  anpamedonas@gmail.com

LISTADO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

Queda publicado no arquivo adxunto o listado de libros e materiais do vindeiro curso escolar

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

 

El texto del párrafo.jpg

 

 Fondo solidario de libros de texto:

 

Destinatarios: 

  • Alumnado de 3º e 4º de primaria
  • Excluído alumnado de 5º e 6º por pertencer a E-DIXGAL. 

 

 Axuda para adquirir libros de texto:

 

Destinatarios: 

  • Alumnado de 1º e 2º de primaria  
  • Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP  
  • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP

 

Axudas para adquirir material escolar:

 

  • Todo o alumnado de Educación Primaria (tamén os de 5º e 6º).

Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e no caso de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

 

 Formas de presentación:

 

Os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Posteriormente poden presentala: 

 

  • Presencial no centro: a familia entregará a solicitude  e anexo II (ver documento adxunto) e presentará dito documento no centro debidamente cuberto e asinado, xunto coa documentación. Se algunha persoa precisa que se lle imprima o anexo pode solicitalo a través das titorías.
  • Na sede electrónica

 

 

Prazos de interese

  • Presentación de solicitudes no centro escolar ou mediante sede electrónica:

 

           dende o 21 de maio ata o 21.06.2024

 

  • Uso dos vales nas librarías e demais establecementos: ata o 10.04.2025

                        PRAZOS PARA AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

Publicación de listaxes provisionais 1 de xullo de 2024
Reclamación ás listaxes provisionais 2 e 3 de xullo de 2024
Publicación das listaxes definitivas 8 de xullo de 2024
Entrega de vales de libros e material 8 a 12 de xullo de 2024
Entrega de libros Setembro (aviso por abalarMóbil)

 

Documentación:

Anexo I e Anexo II.

Complementaria    (PREME SOBRE O TEXTO  PARA PODER VER A DOCUMENTACIÓN) 

 

 

 Acceso a toda a información sobre este procedemento: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

BECAS 2024-2025 (ALUMNADO NEAE)

Dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024 está aberto o prazo de presentación de solicitudes das becas e axudas para o alumnado con NECESIDADE ESPECIFÍCA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE).

Para máis información podedes premer no seguinte enlace ou poñervos en contacto co Departamento de Orientación.

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

ACTIVIDADES DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA A FRAGA

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

PODEDES VER A CONTINUACIÓN INFORMACIÓN SOBRE O PERÍODO DE ADMISIÓN:

 

 

AS VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO SON AS SEGUINTES:

NIVEL Nº DE VACANTES  RESERVA NEAE
4ºEDUCACIÓN  INFANTIL    20 3
5º EDUCACIÓN INFANTIL    5  
6º EDUCACIÓN INFANTIL    2  
1º EDUCACIÓN PRIMARIA    11 3
2º EDUCACIÓN PRIMARIA    3  
3º EDUCACIÓN PRIMARIA    5  
4º EDUCACIÓN PRIMARIA    0  
5º EDUCACIÓN PRIMARIA    4  
6º EDUCACIÓN PRIMARIA    1  

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut