AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25
Fondo solidario de libros de texto:
Destinatarios:
- Alumnado de 3º e 4º de primaria
- Excluído alumnado de 5º e 6º por pertencer a E-DIXGAL.
Axuda para adquirir libros de texto:
Destinatarios:
- Alumnado de 1º e 2º de primaria
- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP
- Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP
Axudas para adquirir material escolar:
- Todo o alumnado de Educación Primaria (tamén os de 5º e 6º).
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e no caso de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.
Formas de presentación:
Os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Posteriormente poden presentala:
- Presencial no centro: a familia entregará a solicitude e anexo II (ver documento adxunto) e presentará dito documento no centro debidamente cuberto e asinado, xunto coa documentación. Se algunha persoa precisa que se lle imprima o anexo pode solicitalo a través das titorías.
- Na sede electrónica
Prazos de interese
- Presentación de solicitudes no centro escolar ou mediante sede electrónica:
dende o 21 de maio ata o 21.06.2024
- Uso dos vales nas librarías e demais establecementos: ata o 10.04.2025
PRAZOS PARA AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Publicación de listaxes provisionais | 1 de xullo de 2024 |
Reclamación ás listaxes provisionais | 2 e 3 de xullo de 2024 |
Publicación das listaxes definitivas | 8 de xullo de 2024 |
Entrega de vales de libros e material | 8 a 12 de xullo de 2024 |
Entrega de libros | Setembro (aviso por abalarMóbil) |
Documentación:
Complementaria (PREME SOBRE O TEXTO PARA PODER VER A DOCUMENTACIÓN)
Acceso a toda a información sobre este procedemento:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html