Skip to Content

NOTA INFORMATIVA DO CONCELLO

Informamos de que o Concello das Pontes ven de aprobar as bases para os Campamentos urbanos de Nadal 2020-2021. O prazo de inscrición comeza o venres 4 rematando o martes 15 de decembro, puidendo facerse efectiva a través do Rexistro Municipal de 8:30 a 13:30 (pedindo cita previa nos teléfonos 667 12 93 89-667 12 93 80) ou a través da sede electrónica http://sede.aspontes.com/es/index.html, desde o venres 4 ás 00.00 ata o martes 15 ás 23.59 horas. A ubicación da actividade será un centro educativo da Vila sendo informadas as familias con antelación suficiente, previo comezo da mesma. Pódense consultar as bases no taboleiro municipal, na páxina web do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais, onde tamén se poden achegar as familias a recoller o impreso de inscrición. Para máis información pódese chamar ao 981.44.10.08 ou 667.12.93.34.



blog | by Dr. Radut