Eventos
Mar | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 30/11/2010 19:51
Os nen@s de Educación Infantil de 3,4 e 5 anos visitaron no día de hoxe a Panadería Roiser de Coristanco. Tanto os nen@s como os mestr@s que os acompañaron, puideron difrutar dunha xornada diferente ,na que observaron atentamente nun primeiro momento, as explicacións de todo o proceso de elaboración do pan, para posteriormente, elaborar coas súas propias mans o seu propio pan. A experiencia resultou moi enriquecedora, xa que, todo foron facilidades por parte dos donos do establecemento e de todo o persoal da panadería, que se amosou moi implicado na experiencia e que facilitou que todo trancurrise con toda normalidade. Desde a Comunidade educativa do Ceip. A Cristina queremos darlle as Grazas a Panadería Roiser e agardar que nun futuro estas experiencias teñan continuidade.
Start: 30/11/2010 20:36
O Concello de Carballo, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo organizan o CAMPO A TRAVÉS – 1ª FASE LOCAL que se desenvolverá hoxe Mércores 1 de Decembro, no Polígono Industrial de Bértoa ( Carballo).
O noso centro estará presente nesta actividade cunha nutrida representación, xa que, acuden a dita proba, 55 nenos e nenas, que participarán nas distintas categorías, tanto por equipos como individualmente.
Os obxectivos xerais desta proba abarcan desde:
• Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable.• Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada. • Facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.
Os horarios das competicións son os seguintes:
|