HOXE CELÉBRASE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

30/11/2010 20:36
Etc/GMT+1

 

 

 

 

 

 O Concello de Carballo, a Secretaría Xeral para o Deporte e  a Federación Galega de Atletismo organizan o CAMPO A TRAVÉS – 1ª FASE LOCAL que se desenvolverá  hoxe Mércores 1 de Decembro, no Polígono Industrial de Bértoa ( Carballo).

 

 O noso centro estará presente nesta actividade cunha nutrida representación, xa que, acuden a dita proba, 55 nenos e nenas, que participarán nas distintas categorías, tanto por equipos como individualmente.

 

Os obxectivos xerais desta proba abarcan desde:

 

• Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable.• Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada.

• Facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.

 

Os horarios das competicións son os seguintes:

 

 

Hora

Categoría Distancia  aprox.

10.30

Benxamín fem.

2º  e 3ª E.Primaria

500 m

10.45

Benxamín mas.

2º  e 3ª E.Primaria

500 m

11.00

Alevín fem.

4º e 5º E.Primaria 

600 m

11.15

Alevín mas.

4º  e 5º E.Primaria

800 m

11.30

Infantil fem.

6º E.Primaria

800 m

11.45

Infantil mas.

6º E.Primaria

1.200 m