OS ALUMN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL FORON PANADEIROS POR UN DÍA

30/11/2010 19:51
Etc/GMT+1

 Os nen@s de Educación Infantil de 3,4 e 5 anos visitaron no día de hoxe a Panadería Roiser de Coristanco.

  Tanto os nen@s como os mestr@s que os acompañaron, puideron difrutar dunha xornada diferente ,na que observaron atentamente nun primeiro momento, as explicacións de todo o proceso de elaboración do pan, para posteriormente, elaborar coas súas propias mans o seu propio pan.

 A experiencia resultou moi enriquecedora, xa que, todo foron facilidades por parte dos donos do establecemento e de todo o persoal da panadería, que se amosou moi implicado na experiencia e que facilitou que todo trancurrise con toda normalidade.

 Desde a Comunidade educativa do Ceip. A Cristina queremos darlle as Grazas a Panadería Roiser e agardar que nun futuro estas experiencias teñan continuidade.