Eventos
Os nen@s de Educación Infantil de 3,4 e 5 anos visitaron no día de hoxe a Panadería Roiser de Coristanco.
Tanto os nen@s como os mestr@s que os acompañaron, puideron difrutar dunha xornada diferente ,na que observaron atentamente nun primeiro momento, as explicacións de todo o proceso de elaboración do pan, para posteriormente, elaborar coas súas propias mans o seu propio pan.
A experiencia resultou moi enriquecedora, xa que, todo foron facilidades por parte dos donos do establecemento e de todo o persoal da panadería, que se amosou moi implicado na experiencia e que facilitou que todo trancurrise con toda normalidade.
Desde a Comunidade educativa do Ceip. A Cristina queremos darlle as Grazas a Panadería Roiser e agardar que nun futuro estas experiencias teñan continuidade.
O Concello de Carballo, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo organizan o CAMPO A TRAVÉS – 1ª FASE LOCAL que se desenvolverá hoxe Mércores 1 de Decembro, no Polígono Industrial de Bértoa ( Carballo).
O noso centro estará presente nesta actividade cunha nutrida representación, xa que, acuden a dita proba, 55 nenos e nenas, que participarán nas distintas categorías, tanto por equipos como individualmente.
Os obxectivos xerais desta proba abarcan desde:
• Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable.• Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada.
• Facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.
Os horarios das competicións son os seguintes:
Hora |
Categoría | Distancia aprox. |
10.30 |
Benxamín fem. 2º e 3ª E.Primaria |
500 m |
10.45 |
Benxamín mas.
2º e 3ª E.Primaria
|
500 m |
11.00 |
Alevín fem. 4º e 5º E.Primaria |
600 m |
11.15 |
Alevín mas. 4º e 5º E.Primaria |
800 m |
11.30 |
Infantil fem. 6º E.Primaria |
800 m |
11.45 |
Infantil mas. 6º E.Primaria |
1.200 m |
De brillante pódese considerar a participación d@s atletas do noso centro na Fase Local de Campo a través celebrada no día de hoxe no Polígono Industrial de Bértoa.
Aínda que o de menos eran os resultados, as seis medallas acadadas e a imaxe dada polos nen@s , fannos pensar, que no colexio hai unha grande canteira de futuros atletas.
Cabe destacar o primeiro posto na categoría Benxamín de Valeria Gómez( 3º de E. Primaria) e o 4º posto na mesma categoría de Andrés Lage( 2º de E. Primaria).
Na categoría alevín acadamos os tres primeiros postos na categoría masculina, obtendo o primeiro posto Diego Castro ( 5º de E.Primaria), o segundo Jonathan Lema (4º de E.Primaria) e o terceiro Juan Rodríguez(5º de E. Primaria).
Nesta mesma categoría Noelia Riveiro( 5º de E.Primaria) obtivo a medalla de ouro e Nazaret Franco a medalla de bronce.
Noraboa a tod@s e grazas polo voso esforzo e exemplar comportamento.