Educación musical
ENTROIDO CEIP ABELENDO 2019
O CEIP Abelendo comezou a celebración do Entroido este luns, 25 de febreiro, coas distintas ordes diarias da nosa mascota DINO, e como este ano estamos traballando o cine versaron sobre este tema. Hoxe, 1 marzo, saímos alumnos/as e familias polas rúas de Abelendo ata o adro da igrexa de San Martiño, amenizando con cancións e cun baile con distintos temas musicais de películas. Para rematar, comemos as postres de Entroido que fixeron as familias e os nenos/as para esta celebración.
Esperámovos a todos o próximo 9 de marzo no ENTERRO DA XOUBIÑA. Non faltedes!!!
JAZZ NA ESCOLA
O xoves 21 de febreiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria acudimos ao IES As Barxas para asistir a un concerto de Jazz en directo.
Alí atopámonos con nenos e nenas de outros coles de Moaña e cun grupo de catro músicos de Jazz que nos deleitaron coa súa música, ademais de explicarnos algunhas características propias deste estilo musical, respondendo a todas as nosas curiosidades.
Foi un concerto moi divertido!
COPLAS MAIOS
Aquí vos deixamos as coplas que cantaremos o día 30 de Marzo diante do noso Maio para festexar este día.
COPLAS MAIOS
Este é o noso Maio
que chegou adiantado
pois comeza un día antes
do primeiro de Maio
PARA FACER ESTA COPLA
TIVEMOS QUE XUNTAR
TODOS OS NENOS E NENAS
PARA PODELAS CANTAR
TODOS OS NENOS E NENAS
PARA PODELOS CANTAR
Aa nosas familias
mandaronnos moitas flores
para colocar no Maio
e enchelo de mil cores
PARA FACER ESTA COPLA...
O chegar esta estación
fanse Maios a mans cheas
e podedes ir a velos
a Marín e Pontevedra
PARA FACER ESTA COPLA...
Xa chegou o fin
da nosa actuación
voltaremos en dous anos
coa mesma ilusión
CANCION DO ENTROIDO. "OS GARDIÁNS DA TERRA E DO RECICLAXE"
A canción do entroido composta polos alumnos/as de 6º de Primaria.
E un vídeo con todo o colexio cantando e bailando ao son da mesma:
A MUSICA CLASICA CHEGA A NOSA BIBLIOTECA
Hoxe no noso cole visitounos un cuarteto de clarinetes da escola de música CCMUS de Moaña.
O cuarteto estaba composto por Dartañán e os tres mosqueteiros, ds Corte do Rei Sol, e tiñan a encomenda do Rei de conseguír un Chanumó que é o antepasado do clarinete. Percorreron coa música de Pachelbel, Mozatt, Kórsakov os seus paises en busca deste instrumento ata chegar finalmente a Estados Unidos e rematar en Moaña. Ensináronos como se chamanan os instrumentos; clarinete baixo, clarinete e o máis pequeno a rewuinta e tamén cales son as partes do clarinete.
Disfrutamos da música en directo e e sen saír de casa.