Promoción 2017 - 4º, Promoción 2015 - 6º, Promoción 2014, Promoción 2013, Promoción 2012, Promoción 2020 - 1º, Promoción 2016 - 5º, Promoción 2019 - 2º, Promoción 2018 - 3º
MERENDAS AO AIRE LIBRE
Sempre que podemos os nenos e nenas de 5 anos aproveitamos un pouquiño de sol para sacar as nosas toallas e merendar na herba.
ANIVERSARIO DE PAULA
O MARTES PAULA CELEBROU O SEU ANIVERSARIO RODEADA DOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
COA SÚA TARTA MONTADA LISTA PARA SOPRAR
DESFRUTANDO DAS MERENDAS ESPECIAIS
PARABÉNS PAULA!!
TEREMOS QUE ESPERAR ATA XANEIRO PARA VOLVER A DESFRUTAR DAS NOSAS MERENDAS ESPECIAIS DE ANIVERSARIOS!!
ANIVERSARIO DE ANTÍA, SERGIO E LI
Ola familias!! Estreamos novo blogue e non podía ser doutra maneira que cos aniversarios dos nenos e nenas que non se puideron celebrar por estar en corentena ou por ser no verán. É o caso de Antía, Sergio e Li.
Como este ano non se pode traer nin levar nada para casa, cada un trouxo a súa coroa ben gardadiña nunha bolsa que se deixou no almacén de infantil ata a hora de "soprar" a nosa tarda de xoguete. Despois desfrutamos da nosa "merenda especial" e bailamos un pouquiño.
Preparados para o aniversario
Montando a tarta
Soprando (desinfectando sempre despois de que sopre cada un/unha)
Desfrutando da merenda especial
Bailando "Parabéns para ti" (coas mans ben limpiñas)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47