Marabillas dunha aula de infantil
Así, un día calquera, na nosa aula de infantil, pasan cousas tan marabillosas coma esta.
Mentres todos traballamos nos nosos rincóns no que nos apetece nese momento, o encargado/a do día ten liberdade para ir á cociña e xogar alí co material que hai.
E, sen darnos conta, atopámonos momentos coma estes...
Mentres todos seguimos a traballar, alguén concentrado e con delicadeza, vai fregando a louza coas súas pequenas mans e, ademais do xogo que leva a cabo, está interiorizando sen sabelo, que non hai tarefas de homes e de mulleres, que non hai xoguetes de nenas e de nenos... e, sen sabelo, vai medrando nel a semente da IGUALDADE!!
E isto si é algo para celebrar e merece unha entrada nesta web!!