PRIMEIRO DIA NO CEIP DE ABELENDO

Benvidas todas e todos!!!

Hoxe comezou o novo curso cheo de maxia e cor. O alumando chegou con ilusións renovadas e os mestres e mestras disfrazados de Época Medieval. Con elo, impregnamos aos alumnos/as das costumes, cultura, música etc... desta época.

Eles mesmos, convértense en descubridores, investigadores do que vai a ser o proxecto do centro deste ano.

A través dun xogo no que o alumnado foi distribuído por diferentes cores e formando equipos de idades distintas, teñen que intentar resolver un enigma.

Entre todos/as, como bos compañeiros, fixeron oito probas diferentes para conseguir unha palabra, que xuntándoas todas elas, chegarán a formar unha frase, que lles indicará onde está o tesouro.

O tesouro atópanolo na aula e a súas caras o din todo.

Teñen un diploma como bos cabaleiros e cabeleiras do castelo do CEIP Abelendo e uns doblóns de ouro polo bo traballo feito.

Xa coñecen o proxecto deste ano...

 “Moaña Antiqua”

Bo comezo de curso a todas as persoas desta aldea e deste castelo!!!!!

Back to top