FESTEXAMOS O MAGOSTO
Inda que o día amanceu con choiva e os prognósticos non eran bos, o bo facer dos nosos mestres e mestras fixo posible que hoxe festexaramos o Magosto no colexio. Despóis de traballar en distintos talleres facendo actividades relacionadas con esta festividade, os nosos alumnos e alumnas participaron en diversos xogos tradicionais na pista polideportiva e para rematar, disfrutaron dunhas ricas castañas. Moitas grazas aos/ás avós e avoas pola vosa colaboración. (Premede na imaxe para ver a reportaxe fotográfica).