Un segundo trimestre cheo de actividades

Os nenos e nenas de 1º de Primaria empezaron o segundo trimestre con moitas ganas... E menos mal! Estes meses viñeron cargados de novidades e actividades moi interesantes.

Nada máis volver das vacacións de Nadal celebramos o primeiro cumple deste ano.

 

Pouco despois comezamos a traballar con números moito máis altos. Fixémolo visitando un edificio no que viven uns números que están todos tolos, pero tamén aparcando o coche no parking dun centro comercial como se pode ver nesta foto.

 

Tamén clasificamos xoguetes segundo as propiedades do material do que estaban feitos...

 

...pintamos unha casiña para a nosa clase...

 

...e saímos ao patio a ler ao sol!

 

Pero a novidade que máis emocionou a todo o alumnado foi a visita das familias para participar nos grupos interactivos. Aquí tedes algunhas imaxes que demostran canto traballamos e o ben que o pasamos. 

 

 

E aínda queda moito tempo para seguir aprendendo xuntos durante este trimestre!

Back to top