PROCESO DE ADMISIÓN 22-23. Fase de reserva de praza en centros adscritos.

Estimadas familias!

 

Dende hoxe e ata o vindeiro día 6 de febreiro estará aberto o prazo para reservar praza para o vindeiro curso 22/23 no IES A Paralaia, centro ao que estamos adscritos.

Para facelo poderedes:

  • Empregar a aplicación ADMISIÓNALUMNADO e presentala a través da SEDE electrónica, para o que deberedes contar cun medio de identificación electrónico (certificado dixital ou Chave 365). AQUÍ tendes a ligazón para acceder.
  • Presentala no centro, no que haberá copias da solicitude á vosa disposición.

 

Para calquera dúbida que teñades non dubidedes en chamarnos ao centro.

Back to top