O lecer sen límites

BIBLIOPATIO

Arrincamos a semana do Libro coa exitosa estrea da Nosa bibliopatio!!!, Mérida sacou a relucir hoxe os seus tentàculos polo patio do cole, coa nosa bibliopatio cargadiña de contos que fixeron as delicias de tod@s!!. Dende hoxe sairà cada día para que disfrutes dos contos no recreo!!

 

                                       

Pizarras Novas

O martes cando cheguemos ao cole teremos unha sorpresa!!!, Así locen as nosas novas pizarras no patio, seguro que nos axudarán a ter uns patios màis artísticos e entretidos!!

                   

Xogos de Mesa ou Mesas de Xogos?

Seguimos traballando para ter màis xogos no noso patio, hoxe estuvemos restaurando unhas mesas para crear xogos, xa temos o noso parchís!!verdade que nos quedou chulísimo?

 

Creando

Seguimos creando espazos no noso patio, estes días estuvemos traballando na Horta, colaborando co plan proxecta Mestres Gandeiros, e pintando un dos bancos do patio polo 8M, ainda està en proceso, cando rematemos enseñaremos o resultado final 

 

                               

                 

 

 

Os pitiños do cole

Boas novas!

Un amigo do cole axudounos a facer unha casiña moi moi bonita para os nosos pitiños do cole!

Temos 5 pitiños e dous deles xa teñen nome: Rosalía e Benigno. 

Irémosvos contando os nomes dos demáis pitiños e como van medrando! Ata o momento están guapísimos e moi coidadiños!

 

 

Horta do CEE Santa María

Boas!

Hoxe traemos unha noticia xenial! Por fin poñemos a punto a nosa horta escolar. Estivemos sachando a terra e plantando os alimentos esta semana co alumnado.

Polo momento plantamos espinacas, leitugas, fresas, berzas... xa vos iremos contando que máis seguimos plantando e como van evolucionando! Está quedando unha horta increíble!

 

Axúdasnos?

Queremos poñer o noso patio bonito axúdasnos a ganchillar?

CLASE DE PILATES

O pasado venres 24 de febreiro tivemos a sorte de poder desfrutar dunha clase de pilates. Isto foi posible grazas a un proxecto social organizado pola empresa Total Sport, coa colaboración do Concello de Begonte e coa Asociación APALU de Párkinson. 

Dende o centro queremos agradecer ó  Concello de Begonte a súa donación das esterillas para o cole.

Moitísimas grazas!

 

Non fai Falta a Voz

Hoxe, seguindo coa temàtica do amor, xa que o martes foi san Valentín, as aulas 1,3,4 e 5 fixeron un contacontos moi especial, "Non fai falta a voz", e disfrutaron de unha instalación moi moi moi amorosa!!

 

              

 

 

              

 

 

              

O noso galiñeiro

Temos boas novas!!!!

Temos un galiñeiro no cole grazas a uns amigos que son uns manitas, entre eles, a Escola Infantil Golfiños que dedicaron as súas horas a facelo e logo a montalo no noso cole. Nós estamos encantados porque ten ata o último detalle!

Ademais, xa temos as nosas galiñas: unha rubia común que se chama Maruxa, unha negra común que se chama Cinza e unha galiña andaluza que se chama Azucena.

Os nenos e nenas do cole están emocionadísimos con coidalas e tamén con apañar os ovos e facer algunha receita rica con eles. De feito, xa axudaron na organización do galiñeiro.

Irémosvos contando como evolucionan os novos membros do CEE Santa María.