O pasado venres 24 de febreiro tivemos a sorte de poder desfrutar dunha clase de pilates. Isto foi posible grazas a un proxecto social organizado pola empresa Total Sport, coa colaboración do Concello de Begonte e coa Asociación APALU de Párkinson.
Dende o centro queremos agradecer ó Concello de Begonte a súa donación das esterillas para o cole.
Moitísimas grazas!