O Martes foi o Día da Eficiencia Enerxética e o alumnado de programas formativos quere darvos uns consellos para reducir o consumo de enerxía e coidar o medio ambiente, en Lingua de Signos adaptada.
Recomendacións lectoras de Marzo
Chega Marzo e de novo Mérida nos deixa unhas recomendacións lectoras.
Este mes a temática está relacionada co Bosque, xa que o día 21 deste mes conmemoramos o Día dos Bosques.
Desfrutade moito das lecturas!!
Agrupamentos lectores de Febreiro
Aquí tedes un resumo dos agrupamentos lectores de Febreiro, o mes do amor. Hai diferentes tipos de amor: amor pola familia, polos amigos, polas cousas que nos importan, polos animais....
Botade un ollo, atoparedes animais, biscoito, árbore da amizade... e moito, moito amor entre todos nós!
Día das cadeiras de rodas
O día 1 de marzo foi o Día das cadeiras de rodas. Desde o noso cole queremos visibilizar o emprego da cadeira de rodas para que se eliminen todas as barreiras arquitectónicas e as persoas que a necesiten podan acceder a todos os lugares sin sentirse sereas fora do mar.
Ademais, no cole estivemos aprendendo a xogar á boccia, que é un xogo adaptado paralímpico moi divertido e que se parece moito á petanca; practicamos nas clases de Educación Física e xogamos no tempo de recreo.
Algúns de nós, tivemos a posibilidade de desfrutar o venres pola maña en Cogami. Fumos as aulas 1, 3 e 8. Xogamos á boccia entre os usuarios de Cogami e nós e logo, puxéronnos unha merenda ben rica para repoñer forzas. Moitas gracias pola invitación e por facernos desfrutar tanto!
Kits de Xerminación de Leitugas
O alumnado de xardinaría estivo a preparar uns kits de xerminación de Leitugas para a nosa Horta dos Sentidos, prepararon os jifis, as sementes, e a explicacións nunhas bandexas, e hoxe Jeni e Abel repartiron os kits polas aulas aos seus compañeiros e compañeiras e explicáronlles cómo facer a eles e as súas profes, agora a esperar os resultados!!
Voluntariado na Biblio
Voluntariado na biblio, os axudantes de Mérida tiveron moito traballo esta semana, por un lado estuveron preparando a sala de xogos para o contacontos do martes e por outro están empaquetando todo na biblio por que temos novas!!!o vindeiro mes faremos obras para que o espazo sexa máis acolledor!!!Gran Traballo Chic@s!!!
Día das baleas e osos polares
Que vos parece como traballaron o Día das Baleas e do Oso Polar no cole as aulas 1, 3 5 e 6?
Fixeron un traballo estupendo e coñeceron moitas cousas interesantes sobre estes animais tan especiais e como coidalos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »