Skip to Content

Actividades

Un entroido olímpico e os mandados do meco

Durante esta semana no centro hai moito barullo e troula, as delegacións olímpicas adestran e preparan o entroido. Un entroido olímpico no que participamos todas e todos. Se queredes ler os mandados deste meco olímpico, clica enriba  da imaxe.entroido

XELA ARIAS, LETRAS GALEGAS 2021

xela arias

Xela Arias é a sexta muller homenaxeada na Celebración do Día das Letras Galegas.

Xela Arias Castaño foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.

É autora dos poemarios "Denuncia do equilibrio","Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome".

Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.

A Real Academia Galega ten elaborado unha serie de curtas sobre esta autora.

Xela Arias, a palabra esgazada

Xela Arias. Onde canta a poeta.

Na mesma páxina da RAG tedes materiais acaídos para público xuvenil e infantil, para o coñecemento desta autora.

Primavera das Letras.

Unha páxina moi interesante é a xa coñecida do Seminario Galán  con materiais axeitados para as distintas idades.

Xela Arias , Día das Letras Galegas

Mil primaveras más para a Língua, mil primaveras máis para o Galego!!

 

 

CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut