Skip to Content

Novas

NOVO PAQUETE DE ACTIVIDADES E INDICACIÓNS DE PROFESORADO DE PROGRAMAS DA FPB

17/04/2020 21:27
29/04/2020 21:27

Estimadas familias:

No lado esquerdo da páxina web, no bloque Etapa Educativa nos grupos dos programas formativos GRUPO PFFB tedes instruccións dos novos paquetes de contidos subidos para o mes de Abril por parte do profesorado dos Módulos de Comunicación e Sociedade e  Matemáticas e Ciencia.  Nestas pestanas iranse cargando con carácter semanal ou quincenal diversos paquetes de contido para realizar durante o período de confinamento.

Na pestana de orientación encontraredes tamén certas pautas para o establecemento de horarios e rutinas a fin de establecer un ritmo diario de tarefas e actividades harmónico.

 

SERVIZO DE ASESORAMENTO. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Ola, Familias:

Agardo que todo vaia ben nestes momentos que nos tocou vivir e sobre os que case ningunha persoa tiñamos experiencia previa, agás as persoas máis maiores.

Nestes días estivemos traballando en activar e poñer en funcionamento este entorno virtual e canle de relacións entre todos os sectores que integramos a Comunidade Educativa do CEE Manuel López Navalón.

Dende o  Centro e o Departamento de Orientación activamos este servizo a fin de implementar os servizos educativos ás familias e achegar o asesoramento, axuda e colaboración nestes momentos que estamos a vivir.

Todo vai saír ben.

Saúdos 

Xefe Dpto. de Orientación

Carlos L. Rodríguez Calvente

Respiro familiar: FADEMGA Plena Inclusión

FADEMGA Plena Inclusión xa ten dispoñible na súa web toda a información necesaria para optar a unha praza no seu Programa de Respiro Familiar 2016.

No seguinte enlace podedes atopar esa información, na que se contén os requisitos que debe cumprir a familia para a solicitude de praza:

Programa de Respiro FADEMGA  Plena Inclusión

Campamentos de Verán Específicos para persoas con Discapacidade 2016

A Xunta de Galicia ben de abrir o prazo de inscrición para os campamentos, dentro da súa campaña de  verán e na súa modalidade de inclusión.

 O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de abril, podedes atopar toda a información sobre os mesmos no seguinte enlace:

Distribuir contido


by Dr. Radut