Skip to Content

Complementarias

Excursión a Marcelle

Como sabedes, este luns, 17 de xuño, fómonos todo o cole a pasar o día ao parque zoológico Marcelle Natureza. 

Neste parque, os animais alóxanse en condicións que permitan a satisfacción das súas necesidades físicas e psicolóxicas e proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade. No parque poderás gozar de especies da fauna autóctona, entre as que destacarían o lobo ibérico, o xabaril e o oso pardo; así como especies exóticas por exemplo bisontes, linces boreales, suricatos, avestruces, dromedarios, canguros, cebras, capibaras ou armadillos entre outros.

 

No parque pódense atopar especies da fauna autóctona, entre as que destacarían o lobo ibérico, o xabaril e o oso pardo; así como especies exóticas por exemplo bisontes, linces boreales, suricatas, avestruces, dromedarios, canguros, mapaches, capibaras ou armadillos entre outros.

 

O noso alumnado pasouno de fábula e para que vós tamen disfrutedes destes momentos, deixámosvos a continuación un pequeno resumo do noso paso por Marcelle.

 

Preme na imaxe para ver o vídeo

 

Feliz Verán!!!!

 

Vémonos en Setembro!!!

 

Paz no Navalón

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

 

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

 

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

 

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

 

- Mahatma Ghandi -

 No seguinte Anexo, podedes descargar o vídeo das actividades.

neste codigo QR podedes consultar o proxecto Dualiza

Un entroido olímpico e os mandados do meco

Durante esta semana no centro hai moito barullo e troula, as delegacións olímpicas adestran e preparan o entroido. Un entroido olímpico no que participamos todas e todos. Se queredes ler os mandados deste meco olímpico, clica enriba  da imaxe.entroido

MEDALLA DE OURO NO EVENTO GALICIA SKILLS.

A PARTICIPACIÓN DO NOSO COLEXIO NO EVENTO GALICIA SKILLS SÁLDASE CON MEDALLA DE OURO CO PROXECTO: BARISTAS.

No evento Galicia Skills participaron os programas formativos de Produccións agrícolas e Servizos de Restauración da Formación Profesioal Básica.

O equipo de produccións agrícolas estaba formado por Orlando e Sergio Calvete e desenvolveron o proxecto de construcción dun xardín, titorizados pola súa profesora Estefanía Calderón Abeijón.

O equipo de Servizos de Restauración estaba formado por Sergio García e Laura Alonso. O seu proxecto baristas, titorizados pola profesora Carmen Alvite Caamaño obtivo a medalla de ouro na súa categoría.

Parabéns a todos e a todas polo bo  traballo realizado.Aquí deixamosvos unhas fotos e enlaces a uns vídeos do evento.

 

https://youtu.be/V9zZftmJtVI

https://youtu.be/KDyxd7SKp4s

https://youtu.be/Pn7SzHna2vg

 

 

 

PLAN DIXITAL DO CENTRO

No arquivo adxunto está a disposición o Plan Dixital do Centro

Distribuir contido


by Dr. Radut