"EMPRENDENDO CON ÉXITO" é o nome que leva o proxecto de formación que estivemos a desenvolver no Centro durante este curso coa participación e a implicación de prácticamente todo o Claustro , e ao que se lle pretende dar continuidade de cara aos próximos cursos.
A principal finalidade deste proxecto é o deseño e o desenvolvemento de metodoloxías de traballo vinculadas á educación emprendedora dende un enfoque innovador, global e funcional co que poder potenciar as competencias persoais e profesionais do alumnado ao tempo que se establece unha conexión entre o sistema educativo e a contorna.
Como resultado deste traballo levamos á práctica unha experiencia piloto coa que conseguimos involucrar a todo o alumnado mediante unha proposta de traballo en cadea . Tanto o proceso como o resultado final da experiencia fannos valorar de xeito moi positivo , enriquecedor e motivante o desenvolvemento deste tipo de metodoloxías.