Skip to Content

GRUPO PFFB (Restauración)

Restauración

O CEE MAUEL LÓPEZ NAVALÓN VÉN DE OBTER O 1º PREMIO NO 2º CAMPIONATO DE BARISTAS CELEBRADO EN BOIRO

 

A parella de baristas formada por Laura Alonso Tobio e Sergio García e titorizados pola súa profesora titora Carmen Alvite acadan o primeiro premio na Segunda Edición do Conurso Baristas para os centro de Educación Especial que contan co Programa Formativo de Servizos de Restauración. Estamos a preparar unha selección de fotos do evento, pero polo de agora deixamos a nova recollida en diferentes xornais. Como recollen a este evento asistiron diversas autoridades como a Directora Xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernández  , acompañada da Subdirectora  e o alcalde de Boiro.

Así o recollen diversos xornais e medios e na páxina da Consellería de Educación

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2024/05/16/colegio-manuel-lopez-navalon-triunfa-concurso-baristas-celebrado-paso-goians/0003_202405B16C6998.htm 

 

https://www.elcorreogallego.es/concellos/2024/05/15/aromas-cafe-pazo-goians-102420039.html

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/001749/directora-general-formacion-profesional-pone-como-ejemplo-buenas-practicas-educacion

 

 

MEDALLA DE OURO NO EVENTO GALICIA SKILLS.

A PARTICIPACIÓN DO NOSO COLEXIO NO EVENTO GALICIA SKILLS SÁLDASE CON MEDALLA DE OURO CO PROXECTO: BARISTAS.

No evento Galicia Skills participaron os programas formativos de Produccións agrícolas e Servizos de Restauración da Formación Profesioal Básica.

O equipo de produccións agrícolas estaba formado por Orlando e Sergio Calvete e desenvolveron o proxecto de construcción dun xardín, titorizados pola súa profesora Estefanía Calderón Abeijón.

O equipo de Servizos de Restauración estaba formado por Sergio García e Laura Alonso. O seu proxecto baristas, titorizados pola profesora Carmen Alvite Caamaño obtivo a medalla de ouro na súa categoría.

Parabéns a todos e a todas polo bo  traballo realizado.Aquí deixamosvos unhas fotos e enlaces a uns vídeos do evento.

 

https://youtu.be/V9zZftmJtVI

https://youtu.be/KDyxd7SKp4s

https://youtu.be/Pn7SzHna2vg

 

 

 

COMUNICACIÓN E SOCIEDADE

A continuación tedes unha nova entrega de actividades en documentos adxuntos.

Cada semana engádense contidos novos, mirade sempre ó final dos ficheiros.

 

MODULO CIENCIA E MATEMÁTICA

 Dado que a actual situación de confinamento vaise prolongar máis tempo do incialmente previsto, a partir desta semana publicaremos materiais na páxina web do centro. En todo momento deben ser entendidas como voluntarias non avaliables e co obxecto de reforzar os contidos xa vistos na clase. Estas propostas son suxestións para tratar de contribuír á construción de rutinas que favorezan a convivencia nestes complexos momentos. Sería ben que establecérades un horario semanal de traballo, adicándolle un tempo a cada área. Este material didáctico presenta diferentes niveis de dificultade, para adaptalo a diversidade do alumnado existente no centro.

Cada semana engádense contidos novos, mirade sempre ó final dos ficheiros.

Podedes descargar os arquivos premendo en adxuntos.

  Co fin de responder ás dúbidas ou suxestións que poidades ter podedes poñervos en contacto nos seguintes correo electrónico:

Ana Escariz Mariño:  anamatenavalon@gmail.com

 Manuel Andrade Vallo: manolo.sociais@gmail.com

 

COMUNICACIÓN E SOCIEDADE. ACTIVIDADES ABRIL

Ola familias, axuntamos unha primeira entrega de propostas de actividades deste módulo para os vindeiros días.

A partir de agora e cunha periodicidade aproximada de dúas semanas iremos incorporando novas propostas.

Para calquera cuestión tedes os nosos correos para facer labores de titoría, así como o teléfono do orientador para calquera consulta máis inmediata.

Saúdos

O profesorado do módulo

Mercedes  Vaamonde e Manuel Andrade

PROGRAMAS FORMATIVOS DA FPB. INFORMACIÓN SOBRE SEGUIMENTO DAS AULAS A DISTANCIA

A situación  de confinamento prolóngase no tempo, o importante é a saúde. Esta situación leva a organizármonos para ir dando respostas a estes novos tempos que nos tocou vivir.

Familias, poderedes atopar a programacióne propostas de actividades dos ámbitos científico e matemático e comunicación e sociedade no bloque chamado ETAPA EDUCATIVA, en cada un dos talleres.

O profesorado destes ámbitos a fin de ofrecer unha titoría e seguimento do alumnado nas súas aprendizaxes proporciona estes correos electrónicos para a través deles resolver calquera dúbida e ofrecer un traballo de acción titorial e seguimento do alumnado.

Estes correos son:

ANA ESCARIZ MÓDULO CIENTÍFICO E MATEMÁTICO

anamatenavalon@gmail.com

MERCEDES VAAMONDE MODULO COMUNICACIÓN E SOCIEDADE

mercedesnavalon1@gmail.com

MANUEL ANDRADE MODULO COMUNICACIÓN E SOCIEDADE

manolo.sociais@gmail.com

 

Saúdos e coidádevos moito.

Realizando o servizo na casa

Ola familias:

A situación actual lévanos a abordar a continuidade educativa dende a teleformación. Aquí deixovos uns enlaces para continuar cos nosos traballos e tarefas.

Saúdos

https://youtu.be/8CoiwlMqkiQ

https://m.youtube.com/watch?v=xwD2QT5tP3M

https://app.livestorm.co/otcgroup/todo-sobre-el-vermouth

 

Distribuir contido


by Dr. Radut