Para poder levar a cabo esta actividade ao longo de todo o curso, realizaranse pequenos obradoiros dunha sesión semanal impartidos pola profesora Xulia, experta no ámbito teatral. Ademais, o alumnado terá a oportunidade de participar en diversas representacións ao longo do ano, onde poderán aplicar os coñecementos adquiridos e mellorar as súas habilidades escénicas.
Con este proxecto, esperamos non só enriquecer a formación académica do aumnado, senón tamén proporcionarlles ferramentas valiosas para a súa vida cotiá, potenciando a súa capacidade de expresión e interacción social.