Atención ambulatoria
Actualmente, o CRE conta con dúas docentes de AL a tempo completo para a atención ambulatoria en horario de tarde.
A atención ambulatoria ten por obxectivo principal a atención individualizada de alumnado con necesidades nas áreas da comunicación e da linguaxe, pertencente a outros centros educativos da zona.
A solicitude dos servizos do CRE farase mediante instancia da dirección do centro de procedencia do alumnado. Deberase enviar, cuberta e asinada, o modelo de solicitude adxunto a continuación ao correo electrónico do centro.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Solicitude CRE INSCRICION.pdf | 152.04 KB |