Skip to Content

Aula 3

Control de esfínteres

Este trimestre, cando facemos a Asamblea, añadimos unha nova rutina. Recordamos onde temos que facer o pis e a caca.

Grid 3

Ola familias! Continuamis traballando na aula co comunicador Grid 3. Aquí podedes ver a Lucas e a Abraham traballando nel.

A intención de traballar con eles e que poidan desarroiar a intención comunicativa e a linguaxe facendo tamén posible a interacción entre eles.

Comezamos o segundo trimestre!!!

Despois das vacacións de nadal e coas pilas xa recargadas, hoxe viñemos moi contentos a clase de novo!

Faltounos Branyeli que a botamos moito de menos!

Querido Adri

A Primeira publicación deste ano quería adicarlla a Adri. Inda non creo que xa non estés con nos.

Nunca fun a tua titora, pero decatábame do especial que eras. Nos talleres sempre estabas atento a todo. Observando cunha gran curiosidade. E sempre cun gran sonrriso.

Quédome co ben que o pasaches o último día de cole, no festival de Nadal. Que ben o pasamos bailando e rindo!

Sempre Adri.

Finalizando o primeiro trimestre

Ola familias! Hoxe despedinomos por aquí momentaneamente. Rematou o primeiro trimestre!

Que rápido se nos pasou.

Aproveito para desexarvos unhas felices vacacións de Nadal e un próspero ano novo.

Vémonos en Xaneiro!!!

Finalizando o Primeiro trimestre

Distribuir contido


by Dr. Radut