Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ

O pasado xoves día 28 de xaneiro xuntámonos todos e todas para levar a cabo o acto de conmemoración do DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ.

Este acto tivo lugar no auditorio do colexio.

Previamente, toda a semana, nas distintas aulas fixéronse diversos traballos e actividades en relación a dita conmemoración.

Desde o Departamento de Orientación organizouse unha actividade co alumnado do PFB que consistiu en que explicaran que era para eles a paz, froito desas explicacións saiu este vídeo tan emotivo.

Cada aula estivo traballando en dúas actividades que consistiron, por un lado en decorar unha pomba para logo facer un mural colectivo e por outra banda, decoraron un paraugas transparente con distintas palabras relacionadas coa paz: AMOR, AXUDA, AGARIMO, RESPETO, APERTA, COMPARTIR, EQUIDADE,TOLERANCIA, AMIZADE, FELICIDADE  E ESCOITAR.

O mural colectivo estívose facendo no auditorio e os paraugas colgaronse no hall da entrada do cole.

 

Na presentación podedes ver como transcurriu o acto e as outras actividades que fixemos.

Yerai e Sofía leron un manifesto que previamente adaptamos con pictogramas e as voces deles.

Sofía estivo cantando a canción de PAZ PAZ PAZ de Juanes.

E para rematar estivemos todos xuntos cantando e bailando ata a hora de comer...porque...

 

"A PAZ COMEZA E COMEZARÁ SEMPRE CUN SORRISO" 

 

 



blog | by Dr. Radut