AUTONOMÍA PERSOAL. POÑEMOS A MESA.
Estimadas familias,
Hoxe dende o departamento de orientación queremos aportarvos uns recursos que elaboramos co fin de traballar un pouco a autonomía persoal dos nenos e nenas.
Neste caso imos aprender a poñer a mesa.
Está elaborado por niveis, en función do momento madurativo no que se atope cada un, e presentámolo en 2 formatos diferentes (vídeo e PDF).
Se tedes impresora podedes imprimir os debuxos para facilitarlles aos nenos a actividade, se non, pódense facer a man alzada en folios.
Agardamos que vos sexa de utilidade.
Unha aperta!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AUTONOMÍA PERSOAL, POÑEMOS A MESA 1.pdf | 596.92 KB |
AUTONOMÍA PERSOAL, POÑEMOS A MESA 2.pdf | 775.04 KB |
AUTONOMÍA PERSOAL, POÑEMOS A MESA.pdf | 881.83 KB |