Skip to Content

XOGAR COAS NOSAS PALABRAS

 

Hoxe 17 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas.

    O colexio está pechado entón o próximo mes de Outubro estaremos xuntos  para conmemorar a data con moitas actividades. 

   Nesta semana propoño ó xogo “tocar palabras”,que é moi divertido e coñecedes todos ben.

   Terían relación coas dependencias da casa e podemos explorar,sentir, percibir a través de experiencias corporais e obxetos e/ou elementos do entorno próximo.

VOCABULARIO

Baño: peite e peitear/escuma de xabón (lavar as mans)

Cociña: culler, zume de laranxa

Salón: coxín

Cuarto:almofada, cobertor

Espazo exterior: follas, sons da rúa, sons dos paxaros

   Os país e  nais dos nenos/as da aula 6,sabedes mellor que ninguén como comunicarse corporalmente cos vosos fillos e a metodoloxía que utilicedes é sempre a mellor.

   Como estamos en contacto permanentemente xa compartimos o proceso e o resultado destas actividades.

 

Recordade que é importante:

 Facer as actividades  diariamente ou tres veces á semana

 

*Letras Galegas 2020

   Dende Dinamización da Lingua Galega intentamos ofrecer diferentes recursos nos artigos recentes do blog (Letras Galegas virtual 2020/ 17 de Maio Día das Letras Galegas/ Cancións e contos infantís en galego) para compartir con vos, nenos e familias .Tamén uns videos que fixemos coa finalidade de estar un pouquiño máis preto, aínda que sexa virtualmente. 



blog | by Dr. Radut