Skip to Content

ACTIVIDADES MULTISENSORIAL

Estimadas familias:

Nestes días de confinamento quero, en primeiro lugar, mandarvos un agarimoso saúdo e o meu desexo de que vos encontredes todos ben.

Para continuar co traballo, irei colgando neste espazo diversas actividades.

 

ACTIVIDADE 1

Para a estimulación pódese aproveitar o momento da hixiene persoal: empezaremos por unha metade do corpo e realizaremos unha suave masaxe coa esponxa desde la cabeza aos pes, de maneira pausada pero continua.  O momento do baño, o posterior secado, a hidratación da pel con crema corporal… son bos momentos para elo. Sempre se debe acompañar a actividade dicindo o nome das partes do corpo que se van masaxeando:cabeza, pescozo, brazo … Tamén se debe poñer unha música suave como a que se encontra no seguinte enlace:https://youtu.be/soRmpPJOIwo

 



blog | by Dr. Radut