Skip to Content

SEMENTAMOS NA CASA - PARTE 1 - FEIXÓNS

Unha das actividades que máis realizamos na aula dez ao longo do curso é a de sementar diferentes froitos ou sementes.Dadas as circunstancias de ter que permanecer nas nosas casas, propoñémosvos plantar un feixón nun tarriño na vosa casa, de maneira moi simple pero que nos vai axudar a recordar todo o proceso.

 

Os feixóns son o primeiro experimento que adoitamos facer cando se trata de plantar sementes, xa que funcionan case sempre. Para ver crecer un feixón, o que precisamos é un tarro de vidro e varias follas de papel de cociña, así como a nosa semente de feixón.

Enrolamos varias follas de papel de cociña formando un tubo que metemos no frasco. Con isto faremos suficiente presión para que se suxeite un feixón sen caer ao fondo tal e como mostra a imaxe.

 

 

 

Engadimos aproximadamente 2 cm de auga ao fondo da xerra. A auga subirá a través do papel de cociña e desta forma a semente recibirá a humidade necesaria para xermolar. Mantede sempre o grao de humidade suficiente repoñendo a auga necesaria. Desta forma poderedes ver como medra o feixón a un ritmo estupendo. Unha vez teña o tamaño adecuado podédelo plantar nunha maceta, axudándovos cunha cana de bambú para sosterse.

 

Despedímonos cunha canción que nos gusta moito a todos e que nos anima sempre a realizar dita actividade.

 

https://www.youtube.com/watch?v=XV-q7w8Y8YY

Saúdos e moito ánimo familias!! 

 



blog | by Dr. Radut