PREPARÁNDONOS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día 11 celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora e por iso estivemos traballando con anterioridade nas aulas a distintas mulleres que destacaron ou destacan polas súas profesións.
No caso da aula 2 tocounos:
EMILIA PARDO BAZÁN
Ademais de investigar e buscar información para saber quen foi esta muller tivemos que deseñar e facerlle roupa acorde para vestir unha boneca tamaño case real que foi a actividade grupal de centro que se levou a cabo na biblioteca.
Coser a saia, pegarlle velcro a camisa, vestir, desvestir...aqui nestas fotiños podedes ver a Marta, María e Sofía super involucradas nas tarefas.
Vou unha actividade moi completa e na que disfrutaron moito.