Skip to Content

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA NESTES DÍAS

Debido as medidas adoptadas en relación coa pandemia covid-19, dende a titoría da Aula 10 vos propoñemos a realización das seguintes actividades para escoitar/facer/desfrutar… nos vosos fogares; de maneira que recordemos os contidos traballados dende principio de curso, así como as rutinas diarias e novas opcións de traballo.

Recodade que o máis importante nestes días e aproveitar dito encerro para pasar tempo coa familia e poder compartir momentos xuntos.

 

Entre as actividades que vos propoñemos:

 

·       

Nesta actividade traballaremos a discriminación auditiva a través dos sons da vida cotiá, trátase dun vídeo de youtube da canle da mestra de AL Eugenia Romero: https://youtu.be/ZF29rHlRLZk

Ademáis deste vídeo en concreto, temos outros de interese para os nosos alumnos como o dos transportes, actividades para a mellora da motricidade fina o as profesións, éste último foi un dos últimos contidos traballados na aula a través da celebración do Día da muller 

https://www.youtube.com/watch?v=L4QQJEmDHcE

 

 

·       

Descargar a aplicaciòn “Día a Día” para traballar as rutinas diarias, é un diario moi visual que nos axudará a poder establecer as rutinas diarias que levaremos a cabo, unha das actividades fundamentais que traballamos a diario na aula: http://www.fundacionorange.es/aplicaciones/dia-a-dia/

Tamén podemos descargar outras como “PictogramAgenda”:http://www.lorenzomoreno.com/index.php/software/pictogramagenda/pictogramagenda-spanish

 

·       

A seguinte actividade é unha das actividades que máis interesa traballar nestes momentos, trátase de varias actividades relacionadas coas emocións, que permitirán aos nosos alumnos expresar como se sinten nestes días tan diferentes.

A primeira: traballamos as emoción mediante unha ruleta, nela encontramos os diferentes estados de ánimo e vestirémonos cada día en función do estado de ánimo no que nos atopemos (por exemplo: se hoxe estamos ledos, vestirémonos de amarelo)

A ruleta para imprimir é a seguinte:

 

 

 

 

 

Na segunda actividade traballaremos as emoción mediante crebacabezas  sinxelos, a medida que vamos facendo cada crebacabezas falamos da emoción na que estamos a traballar, os crebacabezas son os seguintes:

 

 

 

 

 

 

 

 

Podemos pegar cada crebacabezas nun cartón e recortar as diferentes partes para que o poidan manipular mellor e encaixar as pezas.

 

 

 

·       

Por último, recomendamos a escoita destes contos (radiocontos); ao estar colgados nunha web, poderán ser escoitados as veces que se desexen: http://radiocuento.com/

 

 

 

 

Por último, o profe de Música Jose, creou unha canción da nosa tan querida Sabela (protagonista do centro) na que se expón como pasa ela estes días tan complicados, coa letra adaptada a pictos para que todos poidan cantala. Desexamos que vos guste e a cantedes en familia.

https://youtu.be/upxzEMDoK9Y

 

Saúdos e moito ánimo familias

 

 

 



blog | by Dr. Radut