Skip to Content

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Hoxe, o igual que cada 30 de xaneiro, conmemórase o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ e no noso centro estivemos traballando activamente e preparamos un montón de actividades.

O profe de música, Jose, compuxo a canción da Paz titulada " A CANCIÓN DA AXUDA" e ensaiámola todos na súa aula.

 

Con todas as accións que aparecen nesta canción, fixemos vídeos do alumnado prestando axuda. A cada un destes vídeos asociámoslle un código QR para poder visionalo.

Todo este traballo está exposto nun panel na entrada do centro.

Na entrada do colexio tamén se sinte o espíritu da PAZ.

 Coa axuda dos nosos profes, recortamos unhas cartolinas coa forma das mans e decorámolas con diferentes texturas para logo pegar nunha grande pomba branca.

Que resultado máis chulo!!!

María, Marta, Martín e Sofía redactaron un manifesto titulado A PAZ NO CEE MIÑO; fixeron unha montaxe do mesmo e Sofía foi a encargada de lelo no acto que se celebrou.

A continuación deixamos mostra da celebración do Día da Paz.

 
 



blog | by Dr. Radut