O rei da baralla!
Aquí andamos de novo!
Con moitas cousas por facer e pouco tempo pa levalas a cabo, pero aínda temos espírito para facer algunha publicación...
De paixón vai este traballo, e de paixóns debemos partir para traballar cos nenos e nenas que temos nas aulas.
O primeiro é coñecer os gustos e obsesións dos nenos e o segundo é deixar de velas coma un inimigo para transformalas nun punto forte do que tirar e atrapar ao noso alumnado.
Así estou facendo con Abraham, o rei da baralla. Así o chamo porque lle encantan as cartas. Con él descubrin que todo e "cartalizable". As emocións, as habilidades sociais, os transportes, as cores, etc.
Hoxe vos presento unha baralla de cartas moi especial, creada con algunhas fotos de aula que fomos facendo. Saquei dúas copias e así tamén traballamos asociación, atención e memoria.