Skip to Content

As veces precisamos algo de escuridade para ver a luz!

Ola compañeir@s virtuais!

Nos obxectivos de aula non podemos deixar de lado a estimulación multisensorial. Multi-sensorial, múltiples sentidos, os cales nos permiten comunicarnos co noso entorno, persoas e obxectos. A través da vista, o tacto, o oído, o olfato e o gusto nos comunicamos co entorno e participamos del. Por iso é tan importante esta estimulación na nosa aula, na que a comunicación se converte no obxectivo xeral por excelencia.

Especialmente importante é nos alumnos nos que máis difícil é identificar os seus atisbos comunicativos, nos que as experiencias sensoriais convertense nas súas canles para coñecer e acercarse o mundo que os rodea.

As experiencias sensoriais poden ser maxia, poden iluminar un aula e transportarnos a mundos onde as aprendizaxes se converten en actos involuntarios, espontáneos e de disfrute que non requiren nin esforzo nin obrigatoriedade.

Por todo isto levaremos a cabo experiencias multisensoriais e faremos uso da nosa caixa de luz explotando todas as súas posibilidades: dende traballar seguimento e atención visual, ata semántica asociando as cores a diferentes conceptos. A posibilidades son infinitas.

 

Disque a veces precisamos de algo de escuridade para ver a luz... 

 



blog | by Dr. Radut