Saúdar è de guap@s!
Que importante è traballar fórmulas de cortesía básicas co noso alumnado para acadar aprendizaxes funcionais que os axuden a integrarse na sociedade.
Esta é unha tarefa que non deixamos de lado dende audición e linguaxe.
Sempre adaptándonos ao alumno ou alumna co que traballamos. Pautas claras, apoios visuais, e facer do saúdo unha rutina de aula son os ingredientes fundamentais para unha boa práctica educativa.
A continuación comparto un material obtido na paxina de ARASAAC, onde hai unha sección de materiais moi rica para traballar este aspecto e moitos outros. Anímovos a implantar estas rutinas e apoios visuais!