Skip to Content

FESTA DO ENTROIDO

O pasado venres, día 1 de marzo, a comunidade educativa do CEE Miño celebrou a súa festa de Entroido, co lema "Repoboación" seguindo coa liña dos proxectos que neste curso se levan a cabo no centro.

Así o alumnado do 1º nivel representaron "As abellas" bailando á ritmo da canción "Abejas y miel" acompañadas pola súa meleira. (Abellas que axudan á polinización e así saían froitos das árbores)

O alumnado do 2º nivel representaron "Follas" de carballo e castiñeiro cos seus froitos (Árbores que sementaron no 1º trimestre para contribuír á repoboación autóctona), bailando a ritmo de "La vida es un carnaval".

O alumnado do 4º nivel representaron carballos e castiñeiros protexidos polos seus axentes forestais, bailando a ritmo de "Alcolitos" (Árbores que sementaron e están a coidar para no 3º trimestre plantar e donar).

A continuación resumo desta festa.

  
 



story | by Dr. Radut