Skip to Content

ESPECTÁCULO BURBULLAS DE PAPEL

Chegaron as 11:00 da mañá e unha parte do alumnado do cole, acompañado polos seus profes e coidadores, estaba preparado para subir aos buses e ir ao auditorio de Ourense.
Nesta ocasión asistiron ao espectáculo titulado: Burbullas de papel no que se combina a música, a danza, o teatro de sombras e os efectos multimedia.
Roger é un trompetista namorado das burbullas e coñece a unha fada traste que lle axudará a acadar o seu obxectivo: devolverlle as gañas de xogar, rir, imaxinar e danzar a todo o mundo.
Foi xenial compartir e  ver as caras dos nosos rapaces e rapazas na actividade: alegría, sorpresa, susto, atención...unha chea de emocións acompañadas ao final de outra chea de aplausos...
Ollade ollade...
 


story | by Dr. Radut