Skip to Content

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 30 DE XANEIRO DE 2019

O pasado día 30, despois do recreo, fixemos unha actividade todos e todas xuntos no ximnasio, para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e Da Paz.

O primeiro que fixemos foi poñer as camisetas, que pola semana estivemos preparando e logo fomos saíndo das aulas para comezar a nosa "andaina pola paz". Comezaron o recorrido as aulas 1 e 2 que foron recoller a aula 10 e logo a aula 6 e seguiron coa 5 e así foron entrando ao ximnasio onde os estaban esperando os compañeiros/as das aulas 3, 4, 9,7 e 8.

Unha vez dentro fixemos o recorrido arredor do símbolo da paz que estaba colocado no centro e estivemos cantando e bailando a canción que durante a semana se estivo traballando nas aulas: "O galo Pedro"

Ademais no ximnasio expuxéronse os dous paneis nos que se estivo traballando durante a semana: o do galo Pedro e o panel dos símbolos decorados por tódalas aulas.

Aquí vos deixamos unha presentación con fotos das actividades e os dous paneis que decoramos, ademais estamos preparando un vídeo resumo da andaina que tan pronto o teñamos listo xa o subimos.



story | by Dr. Radut