Skip to Content

FESTA DE SAMAÍN

E  por fin chegou o día...algúns nenos e nenas preguntaban cando era a festa...e as 10 comezou a pasar polas distintas aulas un photocall onde por un momento nos convertemos nunha pantasmaaaa!

Ollade ollade...


PHOTOCALL SAMAIN 2018


Despois do recreo fomos para a sala das cores e alí comezou a representación do conto a casa encantada. 

Todo estaba preparado cando chegaron Sabela e o seu gato negro a pasar a fin de semana na casa....foi unha representación moi bonita  na que participou  alumnado dos distintos niveis e se repasou o traballado nas aulas relacionado co tema da casa e as estancias: cociña, habitación e salón.

Para rematar, e logo de durmir un bo anaco...Sabela e o gato únense á festa do CEE Miño e todos cantan a canción " No Samaín" que ademais, acompañan tocando uns instrumentos que elaboraron con materiais de refugallo.

Nas fotos e vídeo podedes comprobar o que vos contamos!!!

 
 


story | by Dr. Radut