Skip to Content

CELEBRACIÓN DÍA DA BIBLIOTECA

O venres 25, como xa vos dixemos, celebramos o Día da Biblioteca.
Sobre as 10:00, a profe Montse, vestida como Sabela, achegoulle a todo o profesorado e alumnado información sobre os novos recunchos creados na biblioteca e como facer un uso axeitado dela, así como,  cales son as normas que hai que cumprir.
Sabela fixo entrega dos carnets e explicou como se levará a cabo o servizo de préstamo.
Tamén se visualizou un vídeo coa canción de animación que se creou para a nosa biblio e onde aparecen as distintas normas escenificadas polo alumnado.
Foise baixando á biblioteca por niveis. Primeiro foi a quenda para as aulas 1, 2 e 10. A continuación, sobre as 10:45 estivo o alumnado das aulas 3,4, 7 e 8 e para rematar baixaron as aulas 5, 6 e 9.
Foi unha mañá moi interesante onde os principais protagonistas foron os nosos rapaces e rapazas así como a biblioteca...lugar máxico que desde o outro día ten unha melodía moi especial...recordádea!!!

"Ven á biblioteca, ven, á casa de Perico e Piruleta, ven, cousas bonitas alí che contarán, cousas moi bonitas que nunca olvidarás"

 
 




Aquí vos deixamos un vídeo-resumo da actividade!!!Agardamos que vos guste!!




story | by Dr. Radut