Skip to Content

Blogues

As nosas postais

Aquí podedes ver o resultado final das nosas postais. A profe Vane axudounos un pouco. Esperamos que vos gusten moito.

Preparamos as postais de nadal

Ola familias! Estos días Milito e Abraham están preparando as postais do nadal. Aquí podedes ver o moito que traballaron na clase.

ACTIVIDADES DA CONMEMORACIÓN DO DÍA 3 DE DECEMBRO

Por aquí vos deixamos o vídeo resumo das actividades que fixemos o pasado venres, 3 de decembro para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Por unha banda Perico apareceu no auditorio para recordarnos que se conmemoraba nesa data e tamén para pedirlle a cada alumna  e alumno a súa credencial e poñerlle o selo correspondente.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida. 

REAL DECRETO 1148/2011

Ola familias coñecedes o disposto no RD 1148/2011?

Pode resultarvos interesante xa que trata sobre prestacións por coidado de fillo con enfermidade grave.

Déixovos un PDF para que poidades miralo con calma e valorar se se adapta a situación persoal de cada un/unha.

Un cordial saúdo

GUÍAS DE IGUALDADE

Estimadas familias

No seguinte enlace poderedes atopar unhas guías sobre sexualidade, coeducación e diversidade que poden resultar do voso interese.

 https://www.anpasgalegas.gal/guias-de-igualdade/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut