Skip to Content

Blogues

DÍA DO LIBRO 2023

Boa tarde Familias!!!

Este mes de abril vimos celebrando o día do libro no cole realizando entre todos diferentes actividades.

O pasado martes pintamos unha serie de imaxes dos libros que traballamos.

 

Deixámosvos un video con algunha imaxe do día que vai acompañado dunha canción que realizamos entre varios compañeiros do centro. 

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES 2023

 

O pasado xoves comezamos coas actividades relacionadas co Día do Libro. Neste caso, o alumnado do PFB por parellas ou ben de xeito individual, foi pasando polas distintas aulas exercendo de madriñas e padriños lectores para agasallar aos seus compañeiros e compañeiras con distintas lecturas.

Calquera momento e espazo é  estupendo para gozar dunha bonita historia.

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR

Boa tarde Familias¡¡

Seguindo coa información, hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do programa de respiro familiar correspondente a este ano 2023.

Deixamos o enlace da convocatoria a vosa disposición así como o arquivo adxunto correspondente.

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Ben queridas familias, comezou o prazo para os campamentos de verán.

Premede aquí para ver toda a información.

Tamén deixámosvos o arquivo adxunto.

PINTAMOS O CRADRO DE PICASSO

Con motivo da conmmemoriación do aniversario da morte de Pablo Picasso a aula 8 esta pintando un cadro con diferentes texturas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut