Skip to Content

Blogues

Alimentos

O tempo

Accións

A QUE SABE A LÚA?

Ola familias!, feliz día do libro!!

e como agasallo déixovos este contacontos da adaptación do conto “a que sabe a lúa?”; é un conto moi sinxelo onde podemos traballar os diferentes animais; no arquivo adxunto un documento cos animais para imprimir, colorear e recortar; deste xeito poderedes contarlle o conto aos vosos fillos/as dunha maneira máis manipulativa e onde eles participen colocando os animais.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO

FELIZ DÍA DO LIBRO PARA TODOS E TODAS!!!

Hoxe sería un día de celebración no cole porque é un día especial e como o celebramos na distancia..pedímosvos que vos animedes a participar na actividade que se propuxo desde a Biblioteca.

Aqui vos deixamos o enlace:

O noso proxecto bimodal

A comunicación bimodal, combinando o uso da lingua oral acompañada de signos manuais, é unha ferramenta máis que nos axuda no noso día a día.

No noso proxecto combinamos:

lingua oral + lingua de signos + pictogramas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut